viernes, 23 de enero de 2009

Probando Novos Recursos !!!!

Que vos parecería se este curso, parte de "A Olimpíada do Saber" a fixéramos on line?

A nós tamén nos parece boa idea, así que xa estamos a probar novas ferramentas como esta, que nos permite facer test de resposta múltiple como o que vos presentamos aquí sobre O Segrel do Penedo. Neste test atoparedes, despois de respostar algunha das preguntas, información adicional para que ampliedes os vosos coñecementos. Queredes xogar? Adiante logo, veremos cantos puntos conseguides!!


Tamén podemos utilizar vídeos... E que mellor que facer a proba cunha das últimas actividades realizadas e coa que tanto disfrutamos. Podedes visionar primeiro o vídeo e logo comezar o xogo, pero se estades seguros de que no obradoiro aprendíchedes todo sobre as Regueifas dádelle ao play e a xogaaaaar!!!


Seguiremos vendo outras posibilidades que a Web nos ofrece, que non son poucas, o problema é, como sempre, o tempo, e non precisamente o atmosférico...

miércoles, 7 de enero de 2009

Probando, Probando !!!

Hoxe estamos de probas e imos utilizar o noso Paraiso para ver se isto de "cotillear" quen nos enlaza funciona.

Imos probalo co noso blogue estrela "O Segrel do Penedo"

Vexamos que tal vai dende aquí, pois seique dende Fedellar non ía... será porque é de acceso restrinxido???

Continuará...